Benvido ao Colexio de Economistas de Pontevedra
Aquí tes toda a información para colexiarte ou precolexiarte. Documentación necesaria, requisitos e formularios de inscrición. Non dubides en consultarnos se xorde algunha pregunta. Esperámosche!
COLÉXIATE!
Para colexiarse é preciso que sigas os seguintes pasos:
- Cobre o formulario de solicitude. Cubrir formulario.
- Unha vez recibida a solicitude realizaremos a consulta na páxina do Ministerio sobre a túa titulación. En caso de non ser posible debes remitirnos compulsa de documento acreditativo da titulación que che habilita para a colexiación. Na sede do Colexio pódese compulsar esta documentación gratuitamente.
- Remítenos fotocopia da tarxeta do INEM se estás en situación de desemprego e declaración xurada de que os teus ingresos non son superiores ás 1,5 veces iprem.
PRECOLÉXIATE! (ESTUDANTES):
Para precolexiarse é preciso que sigas os seguintes pasos:
- Cobre o formulario de solicitude:
Cubrir formulario.
(Indicar no apartado "Estado laboral": ESTUDANTE). - Remítenos documento acreditativo de superar o 50% do total dos créditos necesarios para a obtención do Grao ou Título Profesional.
- Remítenos o teu CV no caso de que esteas interesado en pertencer á bolsa de emprego de prácticas.
Requisitos
- ESPAÑOIS E OUTROS CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA
-
Haberán de cumprir algunha das seguintes condicións:
Doutor, Licenciatura, Diplomatura ou Grao en:
- Ciencias Políticas e Económicas.
- Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais.
- Ciencias Económicas e Empresariais.
- Economía.
- Administración e Dirección de Empresas.
- Ciencias Actuariais e Financeiras.
- Estar en posesión do título de Intendente/a Mercantil ou Actuario/a.
- Dobre Grao en Administración e Dirección de Empresas Enxeñería Informática.
- Dobre Grao: Grao de Administración e Dirección de Empresas Grao en Dereito.
- Dobre Grao: Grao de Administración e Dirección de Empresas Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais.
- Grao en Ciencias Empresariais.
- Grao en Administración e Dirección de Empresas.
- Grao en Economía.
- Grao en Finanzas e Seguros.
- Grao en Fiscalidade e Administración Pública.
- Grao en Xestión de Negocios.
- Grao en Xestión e Marketing Empresarial.
- Grao en Liderazgo Emprendedor e Innovador.
- Grao en Marketing e Investigación de Mercados.
- Investigación e Técnicas de mercado.
No caso de que a túa titulación non estea neste listado pero creas que é leste o teu colexio profesional, non dubides en realizar a túa consulta a: pontevedra@economistas.org enviando o expediente académico.
- ESTRANXEIROS, NON CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA
-
Han de cumprir unha das seguintes condicións:
Obter a convalidación dun título estranxeiro por algún dos indicados no punto 1 anterior. Ter dereito de reciprocidad para o exercicio da profesión, condición que se adquire por unha das seguintes vías:
- Pola existencia dun Tratado entre o seu país de orixe e España.
- Pola achega, por parte do interesado, dun certificado expedido pola asociación profesional do país correspondente, admitindo que un titulado español podería exercer no seu país.
COTAS COLEXIAIS
Trimestrais:
Exercentes libres: 60,00 €
Traballadores por conta allea: 30,00 €.
Parados: Cota reducida de 6,00 € (Importante: para manter esta cota debe remitirse á Secretaría do Colexio -serve escaneada- copia da tarxeta do INEM cada vez que esta sexa renovada, así como declaración xurada de non percibir prestación superior a 1,5 veces o iprem. Debe remitirse ao mail: pontevedra@economistas.org ).
Xubilados: Cota reducida de 6, 00 €.(Sempre que teñan a idade legal de xubilación e leven máis de 25 anos colexiados)
Precolegiados: Gratuíto.
Primeiro ano de colegiación para recentemente titutados gratuíto!!
Anuais:
Sociedades(profesionais e non profesionais): 30€
As sociedades profesionais e non profesionais que desexen colegiarse deben abonar a cantidade de 60€ en concepto de inscrición.