Sociedades Profesionais

 

A Lei 2/2007 de Sociedades Profesionais regula a práctica do exercicio profesional a través dunha sociedade e obriga aos colexiados que exercen unha actividade en común a constituírse como sociedades profesionais e aos colexios profesionais a constituír os seus propios Rexistros.

De igual maneira é obrigatoria para as sociedades existentes con antelación á entrada en vigor da Lei que teñan no seu obxecto social o exercicio dunha actividade profesional, e haberán de adaptarse á Lei no prazo dun ano desde a entrada en vigor da mesma, é dicir, antes do 16 de xuño de 2008 (no caso dos economistas, entenderase como actividades profesionais propias, as recollidas no Decreto 871/77, do 26 de abril, polo que se aproba o Estatuto Profesional dos Economistas).

A sociedade profesional haberá de formalizarse en escritura pública e, ademais das mencións e requisitos propios da forma social adquirida, expresará a condición ou non de socios profesionais dos outorgantes, o Colexio ao que pertencen e o seu número de colexiado, así como a súa habilitación para o exercicio da profesión, actividade ou actividades profesionais que constitúan o seu obxecto social, e a identificación das persoas que se encargan da administración e representación. Todos estes aspectos serán obxecto de inscrición no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio de Economistas de Pontevedra.

CENSO

Pode consultar o censo de sociedades profesionais rexistradas no Rexistro de Colexio de Economistas de Pontevedra:

ESTATUTO PROFESIONAL

 

NORMATIVA

Norma de Réxime Interior

O Rexistro regúlase a través dunha Norma de Réxime Interior, aprobada pola Xunta de Goberno e a solicitude de inscrición no mesmo é obrigatoria de acordo cos termos establecidos na Lei 2/2007, ademais, deberán inscribirse no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio calquera cambio de socios e administradores e calquera modificación do contrato social.

 

Inscrición

Para a inscrición é imprescindible o envío das escrituras de constitución xunto coas modificacións posteriores e a tarxeta do CIF.

Formulario de inscrición (descargar en sección documentos)

Taxas do Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio de Economistas de Pontevedra:

  • Taxa de inscrición:

Importe: cota de 60 euros

  • Taxa de mantemento:

Importe: cota de 30 euros/ano.

Pagamento: anual (a partir do ano seguinte ao da inscrición)

 

Lei 2/2007
Sociedades Profesionais
​​​​Descarga archivo

Regulamento Colexio
de Pontevedra
​​​Descarga archivo

Ficha de
Inscrición SLP
Descarga archivo