Coléxiate

Benvido ao Colexio de Economistas de Pontevedra

Aquí tes toda a información para colexiarte ou precolexiarte. Documentación necesaria, requisitos e formularios de inscrición. Non dubides en consultarnos se xorde algunha pregunta. Esperámosche!
 

 

COLÉXIATE!

Para colexiarse é preciso que sigas os seguintes pasos:

  1. Cobre o formulario de solicitude. Cubrir formulario.
  2. Unha vez recibida a solicitude realizaremos a consulta na páxina do Ministerio sobre a túa titulación. En caso de non ser posible debes remitirnos compulsa de documento acreditativo da titulación que che habilita para a colexiación. Na sede do Colexio pódese compulsar esta documentación gratuitamente.
  3. Remítenos fotocopia da tarxeta do INEM se estás en situación de desemprego e declaración xurada de que os teus ingresos non son superiores ás 1,5 veces iprem. 

Coléxiate!

PRECOLÉXIATE! (ESTUDANTES):

Para precolexiarse é preciso que sigas os seguintes pasos:

  1. Cobre o formulario de solicitude:
    Cubrir formulario.
    (Indicar no apartado "Estado laboral": ESTUDANTE).
  2. Remítenos documento acreditativo de superar o 50% do total dos créditos necesarios para a obtención do Grao ou Título Profesional.
  3. Remítenos o teu CV no caso de que esteas interesado en pertencer á bolsa de emprego de prácticas.

     

Pre-coléxiate!
 

Requisitos

ESPAÑOIS E OUTROS CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA

Haberán de cumprir algunha das seguintes condicións:

Doutor, Licenciatura, Diplomatura ou Grao en:

  • Ciencias Políticas e Económicas.
  • Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais.
  • Ciencias Económicas e Empresariais.
  • Economía.
  • Administración e Dirección de Empresas.
  • Ciencias Actuariais e Financeiras.
  • Estar en posesión do título de Intendente/a Mercantil ou Actuario/a.
  • Dobre Grao en Administración e Dirección de Empresas Enxeñería Informática.
  • Dobre Grao: Grao de Administración e Dirección de Empresas Grao en Dereito.
  • Dobre Grao: Grao de Administración e Dirección de Empresas Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais.
  • Grao en Ciencias Empresariais.
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas.
  • Grao en Economía.
  • Grao en Finanzas e Seguros.
  • Grao en Fiscalidade e Administración Pública.
  • Grao en Xestión de Negocios.
  • Grao en Xestión e Marketing Empresarial.
  • Grao en Liderazgo Emprendedor e Innovador.
  • Grao en Marketing e Investigación de Mercados.
  • Investigación e Técnicas de mercado.

 

No caso de que a túa titulación non estea neste listado pero creas que é leste o teu colexio profesional, non dubides en realizar a túa consulta a: pontevedra@economistas.org enviando o expediente académico.

ESTRANXEIROS, NON CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA

Han de cumprir unha das seguintes condicións:

Obter a convalidación dun título estranxeiro por algún dos indicados no punto 1 anterior. Ter dereito de reciprocidad para o exercicio da profesión, condición que se adquire por unha das seguintes vías:

  • Pola existencia dun Tratado entre o seu país de orixe e España.
  • Pola achega, por parte do interesado, dun certificado expedido pola asociación profesional do país correspondente, admitindo que un titulado español podería exercer no seu país.

Procedemento homologacion de titulos estranxeiros

 

 

COTAS COLEXIAIS

COTAS COLEXIAIS:

Trimestrais:

Exercentes libres: 60,00 €

Traballadores por conta allea: 30,00 €.

Parados: Cota reducida de 6,00 € (Importante: para manter esta cota debe remitirse á Secretaría do Colexio -serve escaneada- copia da tarxeta do INEM cada vez que esta sexa renovada, así como declaración xurada de non percibir prestación superior a 1,5 veces o iprem. Debe remitirse ao mail: pontevedra@economistas.org ).

Xubilados: Cota reducida de 6, 00 €.(Sempre que teñan a idade legal de xubilación e leven máis de 25 anos colexiados)

Precolegiados: Gratuíto.

Primeiro ano de colegiación para recentemente titutados gratuíto!!

Anuais:

Sociedades(profesionais e non profesionais): 30€

 

INSCRICIÓN PARA SOCIEDADES :

As sociedades profesionais e non profesionais que desexen colegiarse deben abonar a cantidade de 60€ en concepto de inscrición.