Trámites Electrónicos

 

FACILITAMOS AS TÚAS XESTIÓNS ONLINE:

Estes son os trámites electrónicos que colexiados e sociedades poderán realizar. 
 

Colaborador Social

Unha das vantaxes dos Servizos da Información é a posibilidade de realizar xestións a través da rede. Neste sentido, o Colexio de Economistas de Pontevedra, estableceu convenios coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Dirección Xeral de Tributos da Consellería de Economía e Facenda e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, co fin de facilitar aos colexiados a realización de trámites ante estas institucións directamente desde os seus despachos.

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN COA AEAT

O Colexio de Economistas de Pontevedra, a través do convenio de colaboración coa Axencia Tributaria, facilita a todos os seus colexiados a utilización dos medios telemáticos da AEAT para a realización on-line de xestións propias e en representación de terceiros, entre outras:

  1. Xestión informatizada de declaracións tributarias.Pago de impostos.
  2. Consulta de débedas.
  3. Emisión de etiquetas.
  4. Outras xestións como aprazamentos, solicitude de certificacións, notificacións, denuncias, etc.

 

PROCEDEMENTO PARA ACCESO AOS SERVIZOS

  1. Solicitude do certificado dixital que emite a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
  2. Impresión do código que xera a solicitude.
  3. Solicitude persoal nas dependencias da AEAT presentando a seguinte documentación:
    • NIF
    • Código da solicitude
  4. Descarga do certificado dixital directamente no mesmo computador no que se cursou a solicitude.
  5. Na páxina web da Axencia Tributaria solicitar: "Alta no censo de colaboradores sociais".

Este convenio tamén é extensivo a sociedades integradas por colexiados.

 

SERVIZOS AEAT SOCIEDADES

O Colexio de Economistas de Pontevedra fai extensivos os beneficios do Convenio coa Axencia Tributaria (ver detalle) ás sociedades integradas no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio.

Procedemento para acceso aos servizos

  1. Solicitude do certificado dixital que emite a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
  2. Impresión do código que xera a solicitude.
  3. Solicitude persoal nas dependencias da AEAT presentando a seguinte documentación:
    • Fotocopia CIF
    • Código de solicitude
    • Certificado do Rexistro Mercantil cos datos de constitución da sociedade e do nomeamento do administrador
    • Poder notarial específico para este trámite no caso de que non o realice directamente o administrador
    • Documento de adhesión ao Convenio de Colaboración do Colexio (descargar na área de documentos).
  4. Descarga do certificado dixital directamente no mesmo computador no que se cursou a solicitude.
  5. Na páxina web da Axencia Tributaria solicitar: "Alta no censo de colaboradores sociais"

 

ATRIGA

Os colexiados interesados poden colaborar na aplicación de impostos. Esta colaboración pode implementarse mediante o acordo da Administración Tributaria co Consello Galego de Economistas e que desde o noso colexio podemos xestionar.

No marco dos acordos de colaboración asinados, debe acceder ao imposto como:

COLABORADOR SOCIAL para a presentación, pago e remisión por vía telemática das autoavaliacións dos impostos:

  • Imposto de sucesións e doazóns
  • Impostos sobre transferencias de propiedade e actos legais documentados

Se desexa darse de alta como colaborador social con ATRIGA debe cubrir estes dous documentos (adxuntos en pdf) e remitírnolos a pontevedra@economistas.org para que o Colexio tramite a súa solicitude(prazo de alta 2-3 días).

 

 

Consulta e descarga de documentos: 

 

FNMT

O Colexio de Economistas de Pontevedra constituíuse en Oficina de Rexistro acreditada ante a FNMT para realizar as actividades de autoridade de rexistro, a efectos de acreditar a identidade cando se solicita ou renova un certificado dixital de persoa física da FNMT. Por este motivo pon ao dispor dos seus colexiados a posibilidade de acreditarse ante a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

Este servizo estará dispoñible mediante a opción de cita previa, polo que deberá enviarse un email a info@economistaspontevedra.org e desta maneira será adxudicada unha data e unha hora para poder realizar a xestión nas oficinas do Colexio.

O Colexio prestará este servizo exclusivamente a colexiados/as e aos seus clientes no seu caso. O proceso de obtención do Certificado software (como arquivo descargable) de usuario, divídese en catro pasos que deben realizarse na orde sinalada:

  1. Consideracións previas e configuración do navegador.
  2. Solicitude vía internet do Certificado.
  3. Acreditación da identidade nunha Oficina de Rexistro.

    Unha vez esteas en posesión do teu Código de Solicitude, para continuar co proceso deberás Acreditar a túa Identidade nunha Oficina de Rexistro. Ao constituírse o Colexio en Oficina de Rexistro acreditada ante a FNMT, os colexiados e os seus clientes no seu caso poden acreditar a súa identidade no Colexio.

  4. Descarga do Certificado de Usuario.

    Cando a persoa que vai acreditar a identidade é un cliente, o colexiado deberá enviar antes un email a info@economistaspontevedra.org informando do nome e apelidos e número de DNI/NIE do cliente que vai desprazarse ás instalacións do Colexio para acreditar a súa identidade. En caso de non poder acudirse o cliente no Colexio, o colexiado terá unha destas dúas opcións:

    Acudirse no Colexio co correspondente poder notarial do cliente polo que lle autorice a facelo.
     

Consulta e descarga de documentos: 

Sistemas REDE-TGSS

Descrición do sistema REDE:

REDE (Remisión Electrónica de Datos) é sistema cuxa misión é permitir o intercambio de información e documentos entre a Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) e os usuarios a través de Internet.

Por medio de REDE pódese entrar en contacto directo coa TGSS, permitindo o acceso a datos de empresa e traballadores, así como a remisión de documentos de cotización e afiliación e partes médicos. Elimínase así o circuíto de papel, mellorando a calidade dos datos e evitando as esperas nas oficinas da Administración.

Os ámbitos de actuación que abarca este servizo, son os seguintes:

  • Cotización: presentación de documentos das series TC2 (Relación nominal de traballadores), tramitación de saldos acredores, e ingreso das cotas mediante domiciliación en conta ou pago electrónico.
  • Afiliación: altas, baixas, variacións de datos de traballadores, así como consultas e petición de informes relativas a traballadores e empresas.
  • Tramitación dos partes de alta e baixa médica de AT e EP, así como os partes de confirmación, ao Instituto Nacional da Seguridade tanto derivados de continxencias comúns como de continxencias profesionais.

O usuario pode realizar estas xestións e recibir mensaxes da TGSS desde o seu propio despacho, sen necesidade de desprazarse e sen as limitacións de horario de oficinas. Ademais elimínase o circuíto do papel, mellorando a calidade dos datos e evitando esperas nas oficinas da Administración.

Usuarios:

O sistema REDE pode ser utilizado polas empresas, agrupacións de empresas, entidades e organismos con concerto sanitario, e profesionais colexiados, entre os que estamos recoñecidos os economistas. Para iso é necesario solicitar previamente a oportuna autorización.
Procedemento de solucitud de autorización para operar co sistema REDE:

En primeiro lugar o interesado debe acreditar a súa identidade de forma presencial mediante DNI nas oficinas de certificados dixitais da Seguridade Social, para solicitar o CERTIFICADO SILCON que permite a realización de xestións a través de INTERNET, garantindo a seguridade das comunicacións e outorgando validez legal a calquera transacción electrónica que se realice coa TGSS.

Unha vez obtido devandito certificado deberá presentarse ante a TGSS a seguinte documentación (presencialmente ou por sede electrónica):

  • Solicitude de autorización. Modelo oficial TA.101_1
  • Formulario de remisión de datos técnicos. Modelo oficial TA.101_2
  • Fotocopia do DNI do titular da autorización.
  • Solicitude de usuario secundario. Modelo oficial TA.102. Só para aqueles casos en que se solicite ademais do usuario principal da autorización usuarios secundarios (por cada usuario secundario solicitado deberase acompañar fotocopia do DNI e dirección de correo electrónico).
  • Certificado de colegiación. Este certificado será remitido directamente polo Colexio de Economistas á TGSS sen máis que solicitalo.

Importante:

Para a utilización do sistema REDE é necesario dispoñer dunha conta de correo electrónico de calidade e de uso exclusivo para o sistema.

Máis información 

 

Consulta e descarga de documentos: 

 

Constitución telemática de empresas

Mediante o convenio asinado entre o Consello Xeral de Colexios de Economistas e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MITYC), os colexiados poderán realizar telemáticamente os trámites para a constitución de empresas desde os seus despachos profesionais, procedemento que reduce, na actualidade, os formularios necesarios para a constitución e posta en marcha das Sociedades Mercantís a un só formulario virtual, o Documento Único  Electrónico  (DUE).

O sistema aplícase á modalidade denominada Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE), e a calquera Sociedade de Responsabilidade Limitada

O acordo enmárcase dentro das actuacións do MITYC no ámbito da creación de empresas. É unha iniciativa que ten por obxecto estimular a constitución por vía telemática de novas empresas a través dunha rede de oficinas denominadas PAIT (Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitación), distribuídas por todo o territorio nacional e cuxa misión é prestar servizos de asesoramento e tramitación aos empresarios na constitución da súa empresa.

Para constituírse nun PAIT os economistas colexiados unicamente terán que darse de alta no Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE) do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MITYC).

Servizos que presta un PAIT:

Ver sección documentos ao final da páxina

Requisitos técnicos dun PAIT:

Ver sección documentos ao final da páxina

Procedemento para darse de alta no CIRCE:

  1. Descargar o formulario de solicitude, e envialo cuberto por correo electrónico ao Consello Xeral admon.consejo@economistas.org  con copia a circe@circe.es.
  2. O Consello remitirá a CIRCE a proposta de adhesión.
  3. Unha vez recibida a solicitude do Consello, procederase ao rexistro do solicitante dentro de CIRCE dándolle acceso á contorna de probas para a configuración da Ferramenta de Tramitación Telemática (PACDUE).
  4. Alta no sistema e mapa PAIT.
  5. Desde CIRCE presentaranse servizos de asistencia técnica e soporte á rede de PAITs no que se refire á atención de consultas e resolución dos problemas que xurdan no uso do Sistema de Tramitación Telemática, a través do Centro de Asistencia a Usuarios (CAU).