O Colegio de Economistas de Pontevedra entrega as súas Insignias de Ouro e Prata e recoñece aos novos colexiados

Actualidad
06/07/2026
Insignias de Ouro

O Colegio de Economistas de Pontevedra celebrou o pasado venres, 3 de xullo, no Parador de Baiona a súa tradicional Cea de Confraternidade de verán na que se entregaron os títulos aos novos/as colexiados/as e aos economistas eméritos; ademais das Insignias de Ouro e Prata.

Á gala asistiron a decana-presidente do Colexio de Economistas de Pontevedra, Lucy Amigo, e os ex decanos Antonio Lijó, Juan Santamaría e Luis Navaza.

Lucy Amigo, acompañada do vicedecano Rubén López Paz, fixeron entrega na gala dos títulos de Economistas aos novos colexiados: José Mario Rodríguez Amigo, Lucero Dámaso, Javier Octavio Orozco e Antonio Chayán.

A continuación, foi distinguido como Economista Emérito Óscar Fernando Gonda.

As Insignias de Prata foron para:

  • Alberto Roma, CEO de IDC Caldas e que forma parte da Xunta Directiva do Colexio
  • María del Mar Ferreira, de Sogal Auditores
  •  María do Rosario Quiñones, especialista en informática de xestión
  •  María Consolo Rivas, experta en consultoría ambiental.  
  • Abel Roberto Barredo, de Quattro Asesoría
  • Óscar Fernando Gonda, experto en asesoría fiscal e contable
  • Mónica Vale, vogal do Colexio de Economistas e traballadora do Concello de Ponte Caldelas
  • Ana Rey, administrativa
  • Pablo Castelao, asesor fiscal
  • Ana Carmen Naveiro, responsable de Contabilidade e RRHH en Hotel Carlos I de Sanxenxo

A gala da cea de verán recoñeceu tamén coas Insignias de Ouro a:

  • Miguel Ángel Capón, ex alcalde de Tui e asesor fiscal en Capón Consultores
  • José Manuel Almudí, de Santaz Censa
  • Álvaro Fernández, experto en auditoría e asesoría

Ao finalizar a entrega de distincións, celebrouse un sorteo de dúas viaxes entre as persoas asistentes, coa colaboración de Viaxes Margali.

Insignias de Oro