O Colegio de Economistas de Pontevedra celebra con gran éxito en Vigo a 40ª edición do Seminario Galego de Estudos Tributarios
O Colegio de Economistas de Pontevedra celebrou o 24 e 25 de setembro o XL Seminario Gallego de Estudios Tributarios, unha cita de referencia no ámbito tributario que, desde 1977, reúne a algúns dos maiores especialistas do panorama xurídico, académico e profesional.
No Círculo de Empresarios de Galicia analizáronse as principais novidades lexislativas, os criterios administrativos máis recentes e a xurisprudencia de maior relevancia, ofrecendo unha visión práctica e rigorosa dos retos actuais da fiscalidade.
O Seminario, que conta coa dirección técnica de José Manuel Almudí Cid, decano da Facultad de Derecho y Profesor Titular de Derecho Financiero y Tributario de la Universidad Complutense de Madrid; constitúe un espazo de encontro para economistas, asesores fiscais, avogados, auditores, profesionais da Administración e estudantes, favorecendo o intercambio de coñecementos e a análise de cuestións tributarias de máxima actualidade. O Colegio de Economistas de Pontevedra homologou así mesmo 12,45 horas para as listas de Peritos Forenses.
O XL Seminario Gallego de Estudios Tributarios, patrocinado por Landín Informática, conta ademais coa colaboración do Concello de Vigo, e foi inaugurado o xoves polo propio director do Seminario, José Manuel Almudí, por Jaime Aneiros, concelleiro de Orzamentos e Facenda do Concello de Vigo e Lucy Amigo, decana-presidenta do Colegio de Economistas de Pontevedra.
Entre os temas a tratar nas diferentes mesas e relatorios, na primeira xornada Fernando Matesanz, presidente International VAT Association, abordou a facturación electrónica, sistemas informáticos de facturación e outras novidades no IVE, nun relatorio moderado polo director do Seminario, José Manuel Almudí.
A continuación, o socio de Cuatrecasas Carlos Ferrer analizou as novas tendencias en optimización fiscal do patrimonio e o investimento, nunha exposición moderada por José Fernández Juncal, da Xunta de Goberno do Colegio de Economistas de Pontevedra.
Na sesión tras a pausa café, abordáronse as Sancións tributarias e delitos contra a Facenda Pública: aspectos conflitivos, coa intervención de Miguel Ángel Martínez Lago, catedrático de Derecho Financiero y Tributario de la Universidad Complutense de Madrid; e José Andrés Sánchez Pedroche, avogado e catedrático de Derecho Financiero y Tributario da UDIMA; moderados por Amelia Paz.
Pola tarde, nun panel moderado por Javier Gómez Taboada, socio da área Tributaria en Maio Legal, abordáronse os dereitos e garantías dos contribuíntes de man de Leopoldo Gandarías, avogado, socio de Koana e profesor asociado de Derecho Financiero y Tributario de la Universidad Complutense de Madrid.
Pechou a sesión do xoves 24 o panel Achegas non dinerarias a sociedades holding. Últimos criterios administrativos, cos economistas e membros do REAF Agustín Fernández e Jesús Sanmartín, moderados polo secretario do Colegio, Manuel Sánchez.
Na última xornada abordáronse comprobacións de valor e valor de referencia, con Diego Marín-Barnuevo, catedrático de Derecho Financiero y Tributario de la Universidad Autónoma de Madrid; e os requirimentos de información tributaria e os seus límites, a cargo de María Teresa González Martínez, avogada e socia de EY.
Por último, a xurisprudencia recente e pendente do Tribunal Supremo foi analizada por Francisco José Navarro, maxistrado do TS, e do ex maxistrado, profesor e avogado Jesús Cudero, coa moderación de Pablo Castelao, tesoureiro do Colexgo de Economistas de Pontevedra.
A clausúraa do Seminario asistiu, ademais da decana Lucy Amigo e do director do Seminario José Manuel Almudí, o presidente do Consejo General de Economistas, Miguel Vázquez Taín.
O XL Seminario Galego de Estudos Tributarios contou así mesmo cunha parte de programa social coa visita ao Pazo Quiñones de León, onde se celebrou o cóctel conmemorativo a tarde do 24 de setembro e no que todos os congresistas foron recibidos polo alcalde de Vigo, Abel Caballero.