Aberto o prazo de inscrición para o Torneo de Debate Económico de Educación Financeira 2026-2027
O Colexio de Economistas de Pontevedra súmase unha edición máis ao Torneo de Debate Económico de Educación Financeira, unha iniciativa promovida polo Consello Xeral de Economistas que busca achegar a economía e as finanzas aos novos a través do debate e o pensamento crítico.
Con motivo da apertura do prazo de inscrición e a publicación das bases de participación, desde o Colexio animamos aos centros educativos da provincia a sumarse a esta proposta e participar na súa Fase Territorial.
Un debate para reflexionar sobre o aforro e o investimento
O torneo toma como punto de partida a lema do Día da Educación Financeira deste ano, «Aforra. Inviste. Avanza», que inspira a pregunta sobre a que deberán debater os participantes:
«Aforra. Inviste. Para avanzar, debes priorizar o aforro sobre o investimento?»
A través desta cuestión, o alumnado terá a oportunidade de analizar e contrastar diferentes perspectivas sobre a xestión do diñeiro, a planificación financeira e a toma de decisións económicas, cuestiones fundamentais para o seu futuro.
O obxectivo do Torneo de Debate Económico é fomentar entre as novas habilidades que lles serán de gran utilidade no seu desenvolvemento académico, formativo, profesional e persoal.
A iniciativa promove competencias como a investigación, a argumentación, a comunicación oral, o traballo en equipo e o pensamento crítico. Ademais, ofrece ao alumnado a oportunidade de examinar e valorar diferentes formulacións relacionadas coa realidade económica e empresarial.
Quen pode participar?
A convocatoria está dirixida a estudantes de 1.º e 2º curso de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio, a través dos seus respectivos centros educativos. As fases territoriais finalizarán entre o 20 e o 26 de febreiro de 2027 e a fase nacional celebrarase os días 11 e 12 de marzo de 2027.
Desde o Colexio de Economistas de Pontevedra convidamos os centros da provincia a coñecer as bases e formalizar a súa inscrición para participar nesta experiencia educativa.
Consulta toda a información sobre o torneo na web do Consello Xeral de Economistas: Torneo de debate de Educación Financeira 2026/2027 - Consello Xeral de Economistas
Se xa tes un equipo e queres inscribirte, podes facelo a través desta ligazón: Inscricións