Lucy Amigo Dobaño nomeada Decana-Presidente do Colexio de Economistas de Pontevedra

Prensa
10/05/2021
Lucy Amigo Nomeada Decana

Este venres 4 de decembro en Xunta de Goberno, formalizouse o nomeamento de Lucy Amigo Dobaño como nova decana presidente do Colexio de Economistas de Pontevedra, despois do triste falecemento do noso decano presidente, Carlos Mantilla.

Lucy Amigo Dobaño agradeceu a confianza depositada nela e sinalou o compromiso que supón cos seus colegas de profesión e coa sociedade, ademais do reto que para ela representa nesta etapa de grandes dificultades sociais, ambientais e económicas, que fan máis necesario que nunca, ter a capacidade de dar unha resposta eficaz ás necesidades empresariais e tamén sociais durante os próximos anos.

 

Lucy Amigo Dobaño é doutora en Economía, profesora titular de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

Noticia en Prensa:

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2020/12/04/lucy-amigo-nova-decana-colexio-25954781.html

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2020/12/05/lucy-amigo-sucede-carlos-mantilla-25957962.html

https://www.vigoe.es/vigo/economia/lucy-amigo-nova-decada-do-colexio-de-economistas/