Acto de entrega dos Premios Profesional Colexiado 2022 da Unión Profesional de Galicia

08/05/2023
Representantes da xunta de Goberno no  acto de entrega dos Premios Profesional Colexiado 2022 da Unión Profesional de Galicia

O pasado venres, ás 18:00 horas, celebrouse na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela a entrega dos "Premios Profesional Colexiado do Ano 2022" da Unión Profesional de Galicia.

Entre os premiados deste ano, atópase Dna. María do Pilar López Vidal, elixida como a "Economista do Ano" polo Colexio de Economistas de Pontevedra. Dna. López Vidal, quen foi membro do colexio durante 33 anos, foi recoñecida pola súa traxectoria profesional impecable, o seu comportamento ético e deontolóxico exemplar e o seu compromiso cos valores da profesión.

En representación do Colexio de Economistas de Pontevedra, acudiron ao evento a Decana-Presidente Lucy Amigo Dobaño, Ruben Lopez Paz, Manuel Pena, Susana Andonegui, Jesús Escobar e José Fernández Juncal.

A elección de Dna. López Vidal como "Economista do Ano" débese aos seus logros sobresalientes e a súa excelencia no exercicio da súa profesión. Traballou como Profesora Titular de Universidade na área de Organización de Empresas, impartindo cursos en diversas universidades de España, Portugal, Países Baixos e Arxentina. Ademais, colaborou coa Asociación de Novos Empresarios na realización de estudos de viabilidade de proxectos de creación de empresas, e publicou 3 libros como autora única e 20 en obras colectivas, así como artigos en revistas e comunicacións a congresos.

A entrega dos "Premios Profesional Colexiado do Ano" da Unión Profesional de Galicia é un evento anual que recoñece o traballo e a traxectoria dos profesionais destacados en cada un dos colexios que forman parte da Unión. A elección de López Vidal como "Economista do Ano" é un recoñecemento máis que merecido a unha traxectoria profesional impresionante e un exemplo a seguir para todos aqueles que se dedican ao mundo da economía.

Felicidades Pili!

 

Pica no boton para mirar as fotos do evento.