Acto Ingreso RAFG - Juan José Santamaría Conde
Invitación Acto Ingreso RAFG - Juan José Santamaría Conde
A Real Academia de Farmacia de Galicia (RAFG) acordou nomear Académico Correspondente ao noso colexiado, Juan José Santamaría Conde, decano do Colexio desde 2003 ata 2019, pola súa dedicación académica e profesional á Farmacoeconomía, dentro da Economía da Saúde ao longo de case 50 anos. O Acto de Ingreso está previsto para o próximo día 23, xoves, ás 19 horas, na sede da devandita Academia no antigo Hospital San Roque, rúa San Roque, 2. Baixo, en Santiago de Compostela. Tal feito é motivo de satisfacción por canto abre novos horizontes para a nosa profesión e porque é a primeira vez que temos constancia de como unha Academia de profesionais sanitarios realza a importancia da Economía. Un feito así non é, pois, alleo, aos fins da nosa Organización colexial: a de promover novos xacementos de emprego para o colectivo colexial. O propio interesado convida os colexiados de Galicia que desexen asistir a tal acto. Por razóns de aforamento, roga que os interesados comuniquen a súa asistencia á seguinte dirección electrónica: jjsanta@mundo-r.com. Ao final de Acto, entregarase aos asistentes un exemplar da Presentación e do Discurso de Ingreso, titulado: NATUREZA XURÍDICA E RÉXIME ECONÓMICO DAS REAIS ACADEMIAS. As nosas felicitacións ao novo académico correspondente da RAFG. (Achegar Convite-Invitación institucional) |