Convocatoria Xunta Xeral Ordinaria

Junta General
18/06/2021
Data Calendario

Adxunto podes descargar a convocatoria da Xunta Xeral Ordinaria que terá lugar o próximo día 30 de xuño(mércores), ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, na sede do Circulo de Empresarios de Galicia(C/García Barbón, 62, 36201 Vigo, Pontevedra).

Como en anteriores ocasións, a Xunta adaptouse ás circunstancias provocadas pola pandemia, combinando formato presencial e online, co obxecto de garantir as medidas de seguridade sanitaria.

En cumprimento de dicha medidas, o aforo está limitado. Por iso,  para facilitar a organización , é imprescindible que nos comuniques a túa intención de asistir presencialmente á Xunta. 
Para os que asistades de forma online, uns días antes do evento, farásevos chegar unha ligazón a través da plataforma zoom para que poidades conectarvos.

Achegamos modelo de delegación de voto para que, no caso de que o necesitedes, fagádelo chegar ao Colexio como máximo un día antes da Xunta.