Lucy Amigo participa na Xornada sobre Recuperación Económica Postcovid e Fondos Nextgeneratión

Lucy Amigo
24/05/2021
Xornada Postcovid

Onte 19 de marzo puidemos asistir á Xornada sobre "Recuperación económica post-covid e fondos Next Generation" orrganizada pola Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo con motivo da celebración do seu centenario.

José Luis Bonet, presidente da Cámara de Comercio de España, foi o relator invitado, a xornada completouse coa mesa redonda "Mirando ao futuro desde a empresa galega", que contou coa intervención do presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra,Jorge Cebreiros; Luís Alves, do grupo Optar Solutions, compañía líder na integración de sistemas en operadores de telecomunicación, e Pablo Rubio, delegado de Gadisa en Pontevedra, e que foi moderada pola nosa Decana Lucy Amigo.

https://www.economiaengalicia.com/articulo/eventos/camara-espana-considera-fondos-europeos-oportunidade-unica-transformar-modernizar-pais/20210519185334017554.html