Péchase o prazo de solicitude para as listas TAP

02/01/2023
listas tap economistas pontevedra

As Listas TAP (Quenda de Actuación Profesional) son un servizo do Colexio de Economistas que ten por obxecto atender as peticións de traballo profesional que se realicen por calquera persoa física, organismos e entidades públicas e privadas cara aos colexiados que voluntariamente figuren inscritos no mesmo, no ámbito das actuacións xudiciais e periciais. 

Aínda que o prazo de solicitude pecha hoxe 20 de decembro, se che inscribiches e necesitas completar as túas horas de formación tes ata o 28 de decembro para acreditar as horas faltantes.

Vantaxes para os inscritos nas listas TAP

Mediante os acordos adoptados polo Consello Galego de Economistas, a xestión do TAP realízase de forma conxunta entre o catro Colexios de Economistas de Galicia, os cales facilitan as seguintes vantaxes:

  • A pertenza a calquera dos Colexios provinciais facultará para solicitar a inclusión nas listas dos Colexios das outras provincias galegas. 
  • Os colexiados poderán apuntarse, cunha única solicitude a través do Consello Galego de Economistas, nas listas da provincia ou provincias que consideren dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. 
  • O Consello Galego de Economistas coordinará con cada Colexio as solicitudes recibidas, sendo os Colexios respectivos os que se encargarán de validar o cumprimento dos requisitos establecidos.