Resumo da 5ª sesión das Xornadas Técnicas sobre a Reforma Concursal

02/01/2023
quinta xornada tecnica reforma concursal - economistas pontevedra

Como saberedes, organizamos xunto ao Colexio de Avogados de Vigo unhas xornadas técnicas dirixidas a todos os profesionais que interveñen nos procedementos concursais (economistas, avogados, administradores concursais, etc) coa finalidade de expor desde un punto de vista práctico as novidades da recente Reforma do Texto Refundido da Lei Concursal. 

Un feito que supón a implantación de importantísimas novidades nos procedementos de insolvencia.

Nesta quinta sesión Dna. Amelia Pérez Mosteiro, Maxistrada-Xuíz do Xulgado do Mercantil Nº 3 de Vigo falounos acerca das últimas novidades en materia de cualificación:

  • O Informe de Cualificación
  • Intervención dos acredores
  • O incumprimento culpable do convenio
  • A transacción 

Ademais, contamos tamén coa presenza de D. Manuel Marquina Álvarez, Maxistrado-Xuíz do Xulgado do Mercantil Nº 1 de Pontevedra o cal nos explicou, polo seu lado, as novidades en materia laboral: 

  • Competencias laborais do xuíz do concurso, sucesión de empresa.