Resumo da 6ª sesión das Xornadas Técnicas sobre a Reforma Concursal
As Xornadas Técnicas Concursais son unha serie de 8 eventos que organizamos xunto ao Colexio de Avogados de Vigo co fin de analizar e informar acerca dos cambios que se produciron na Reforma do TRLC (Texto Refundido da Lei Concursal).
Con estas xornadas pretendemos abordar como os cambios introducidos na lei afectarán a certos procedementos, como se aplicarán estas reformas na práctica e como afectarán ás diferentes partes involucradas.
Na pasada sexta xornada á que asistiron máis de 30 persoas e que levou a cabo na sede de Afundación de Abanca de Pontevedra, centrámonos no procedemento especial para Microempresas no que tratamos temas como:
- Ámbito de aplicación
- Orzamento obxectivo
- Apertura
- Efectos
- Formularios
Os relatores encargados de dirixir a sesión foron: D. Roberto Neno Estébanez, Letrado do Gabinete Técnico do Tribunal Supremo e D. José María Branco Saralegui. Maxistrado en excedencia. Counsel en Uría Menéndez Avogados, S.L.P.