Todo o que ocorreu no Curso de Peche Fiscal 2022-2023
O período de peche fiscal-contable do ano adoita ser unha das operacións de maior transcendencia para as empresas, e cada ano ten maior importancia tendo en conta os cambios que se producen a nivel contable e fiscal.
É por iso que desde o Colexio de Economistas de Pontevedra realizamos un curso cada ano para que se manteñan ao día os profesionais do sector.
Este ano, celebrámolo os pasados 12 e 13 de decembro no Círculo de empresarios de Galicia de Vigo ao que asistiron máis de 80 persoas tanto presencial, como telemáticamente. Un curso dirixido por D. José Antonio Fernández Pérez, licenciado en CC. Económicas e Empresariais e moderado por D. Manuel Sánchez Rodríguez o primeiro día e por D. Pablo Castelao Balboa o segundo.
O curso tivo como obxectivos:
- Aprender a tomar decisións acertadas no peche fiscal e contable dunha empresa.
- Coñecer a situación real, posibles custos e vantaxes fiscais dunha empresa.
- Realizar un estudo completo do Imposto sobre Sociedades.
- Coñecer as últimas novidades fiscais.
- Realizar unha análise detallada das peculiaridades de “os autónomos” no IRPF.
- Facilitar numerosos exemplos ilustrativos que sirvan de apoio para enfrontarse a situacións reais.