Que son os informes de sustentabilidade? Información para o próximo curso sobre o EINF do 13.04.2023

13/04/2023
Informes de sustentabilidade

Dentro das accións formativas do Colexio, o próximo 13 de abril de 2023 formarémonos en ‘O estado de información non financeira. Informe de sustentabilidade’ é por isto polo que queremos compartir a seguinte información recollida da guía práctica "Sustanibility Reporting. How SMPs can build the Capacity to Support SME".

 

Que son os informes de sustentabilidade?

Os informes de sustentabilidade son os informes anuais das empresas, ou outras entidades e organizacións, que informan o impacto, os riscos e as oportunidades ambientais, sociais e de gobernanza das súas accións. O termo está a substituír rapidamente a termos clásicos como o “informes non financeiros” ou os “informes ambientais, sociais e de gobernanza”.

 

Cal é o panorama das memorias ou informes de sustentabilidade?

Nos últimos anos, o panorama das memorias de sustentabilidade cambiou radicalmente e con rapidez, e parece que esta tendencia continuará nos próximos. As principais características deste panorama para os SMPs e as empresas europeas son as seguintes:

  • Directiva sobre memorias de sustentabilidade empresarial (CSRD)

A Directiva sobre a elaboración de memorias de sustentabilidade empresarial (CSRD) cambia as regras do xogo na Unión Europea (UE). A CSRD apoia o Green Deal europeo, consistente nun conxunto de medidas políticas deseñadas para a transición da UE cara a unha economía sustentable, moderna e competitiva. A Directiva, aprobada polo Parlamento Europeo o 10 de novembro de 2022, equipara a información sobre sustentabilidade ao mesmo rango de importancia que a información financeira.

A CSRD substitúe á Directiva sobre información non financeira, introducindo requisitos de información máis detallados e garantindo que todas as grandes empresas que cotizan en bolsa estean obrigadas a informar sobre unha serie de cuestións ambientais, sociais e de goberno corporativo. As principais disposicións figuran no cadro 1. As empresas empezarán a informar, en virtude da Directiva, a partir de 2024, en consonancia coas normas europeas obrigatorias de información sobre sustentabilidade (ESRS, nas súas siglas en inglés) e xunto cunha verificación externa da información sobre sustentabilidade.

A Comisión tamén adoptará normas separadas e proporcionadas para as pemes. Aínda que as pemes, que coticen en mercados regulados, estarán obrigadas a utilizar as normas proporcionadas a partir do 1 de xaneiro de 2026, as pemes que non coticen en bolsa poderán optar por utilizalas de forma voluntaria.

Por outra banda, recentemente, o EFRAG elaborou e publicou un conxunto de vídeos explicativos do primeiro paquete dos Estándares Europeos de Reporte de Sustentabilidade os cales, como sabemos, atópanse pendentes de adopción definitiva pola Comisión Europea. A continuación, relacionamos os vídeos. En canto ás últimas normas, podédelas consultar facendo click aquí.